BiblioLonia: Colle un libro, deixa outro
BiblioLonia é unha iniciativa para compartir libros entre a xente que pasea e visita o cauce do río Lonia.
Podes elixir un libro que che guste e levalo a casa para ler e desfrutar del. A cambio, tes que deixar outro para que alguén poida ler un que ti xa liches…
Recorda deixar libros que creas que poidan resultar de interese. Este espazo non é un lugar para depositar libros que tirarías ao lixo e que sabes que, posiblemente, non interesan a ninguén... ;-)
Saúde e boa viaxe
Un refrixerio para peludas/os
Nos últimos días instalamos un bebedeiro para as nosas amizades peludas. Para que poidan refrescarse cando pasean polo barrio, e teñan ganas de volver...
Ademáis, creamos un espazo para que, se che apetece, subas unha imaxe usando o bebedeiro: As amizades peludas.
Podes ver a galería de imaxes coas fotos que foron subidas por outras persoas que pasean pola Lonia: Galería de Imaxes das Amizades Peludas
O barrio e o río Lonia
A Lonia é un barrio de Ourense que recibe o seu nome do río que o atravesa. O Lonia é o afluente máis importante do Miño en Ourense. Nace no concello de Nogueira de Ramuín, pasa por Pereiro de Aguiar e desemboca no Miño xa no concello de Ourense.
Pódese pasear ao seu carón en varias partes do curso do río, ainda que posiblemente a ruta máis famosa é a chamada "Os muiños do río Lonia" por onde desfrutar dun testimonio deste tipo de enxeñería tradicional galega.
Ademáis o río Lonia forma dous encoros famosos, o de Cachamuíña e o de Castadón. Preto deste último, atópase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé: un castro habitado entre os s. I a.C e s. V d.C onde se mostra a fusión da cultura castrexa e a romana.